InicioOccidentalXoveXII Encontro de Palilleiras no Concello de Xove

XII Encontro de Palilleiras no Concello de Xove

Publicada o

- Advertisement -

O sábado, 7 de outubro, terá lugar no Concello de Xove o XII Encontro de Palilleiras. Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día. A día de hoxe temos algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados.

O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, vai comezar pola mañá ás 10:30 h. coa recepción de todas as palilleiras.

O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 h pola mañá e der 16:30 a 19:00 h. pola tarde. A entrada, como sempre, vai ser libre e gratuita para todos.

A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a través do Departamento de Muller e Igualdade. Contamos tamén coa colaboración da Asociación Saiñas, xa que o grupo de gaitas da Asociación vai ser o encargado de amenizar o Encontro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...