InicioCulturaPresentación do libro 'De función pública, ¿cómo va el mundo?' organizado por...

Presentación do libro ‘De función pública, ¿cómo va el mundo?’ organizado por Mariña Patrimonio

O autor do libro é o xeólogo e ensaísta asturiano, Jaime Izquierdo Vallina, e está ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro venres a presentación dun libro do xeólogo e ensaísta asturiano, Jaime Izquierdo Vallina, titulado “De función pública, ¿cómo va el mundo?“, ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones.

Nesta obra, unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade.

Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles solucións.

A actividade, na que intervirán o autor do libro, Jaime Izquierdo, mailo ilustrador Xosé Blanco terá lugar no Pazo de Santomé (Mondoñedo) ás 19:30 horas do día 6 de outubro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...