- Advertisement -
Galicia supera os 30 graos neste domingo de outubro que deixa unha estampa de verán, cos areais cheos e rexistra a súa máxima temperatura no municipio lucense de Lourenzá, con 36,3 graos.
Na provincia de Lugo, as temperaturas máis altas tamén se rexistraron en Mondoñedo, ás 16,10 horas, cando os termómetros marcaron os 35,1 graos e no Valadouro, uns minutos antes, que alcanzaron os 34,8 graos.