A Consellería do Medio Rural ata o momento non notificou novidades no incendio que desde o xoves afecta os municipios lugueses de Trabada e Ribadeo e que o sábado se deu por controlado con case 2.000 hectáreas queimadas.
Así o recolleu o último informe no tamén se detallou a situación dos catro incendios de Viveiro que afectaron as parroquias de Santo Acisclo e Santa Cilla do Valadouro e a superficie queimada alcanzou as 230 hectáreas.
No caso do incendio de Trabada, iniciado no mediodía do xoves e que obrigou a desaloxar casas, cortar estradas e que alcanzou ao municipio veciño de Ribadeo, as chamas déronse por controladas ao fío das 19.58 horas do sábado.