IniciosociedadeRocío López: "a Mancomunidade está por riba das cores políticas"

Rocío López: “a Mancomunidade está por riba das cores políticas”

Rocío López, alcaldesa de Lourenzá, é agora tamén a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Xunto coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, como vicepresidenta, están a conformar unh equipo "por riba das cores políticas" de cara á potenciación da comarca como destino turístico sustentable e de calidade.

Publicada o

- Advertisement -

-Como se elixiu o equipo que levará adiante este proxecto intermunicipal?
Elixese no pleno da mancomunidade, alí propóñense os candidatos á presidencia e despois vótase quen será o novo presidente. Teño que agradecer a todos os meus compañeiros e a todos os membros da mancomunidade que me apoiaron para ser a presidenta. Para a vicepresidencia propuxen a Ana Hermida, alcaldesa de Barreiros. Creo que a Mancomunidade está por riba das cores políticas, e ademais unha boa xestión debe basearse no entendemento, xa que todos debemos ter os mesmos intereses por diante que son á busca do ben para o futuro da comarca. Neste sentido creo que as dúas podemos aportar moito á Mariña.

-Cales son os principais puntos que queren tratar nesta nova etapa?
Temos moitos proxectos por diante, moitos deles xa iniciados polo anterior presidente Fran Cajoto e aos que eu debo dar continuidade. Espero poder estar á altura da súa xestión porque traballou moito e fixo moi ben na pasada lexislatura á fronte desta Mancomunidade. Mais sen dúbida o proxecto sobre o que nos temos centrar e en seguir dando forma e facer realidade os puntos incluídos no Plan de Sustentabilidade Turística. Son moitas as accións que se enmarcan dentro deste Plan e que sen dúbida van permitir implementar moitos proxectos no territorio e avanzar de cara un turismo sustentable con identidade propia na comarca. Xa estamos a traballar en moitas destas accións, como por exemplo o deseño da ruta circular BTT que transcorre por distintos concellos e que inclúe varios puntos de lavado e arranxo de bicis. Outro dos grandes proxectos é a sinalización e posta en valor do Camiño do Mar e de todos os recursos turísticos que existen neses concellos costeiros polos por onde transcorre o seu trazado. A musealización da Torre do Mariscal en Alfoz e reactivación da ruta Pardo de Cela son outras das accións nas que estamos tamén traballando. A maiores de todo isto seguiremos tamén coa promoción e impulso da comarca como os programas ‘A Mariña en Ruta’ ou as ‘Rutas de Artesanía’ que están a funcionar moi ben.

-Ademais de accións sobre turismo, que outras áreas lles gustaría desenvolver?
Temos por diante un fito moi importante en materia de residuos, a implementación do contenedor marrón. Gracias a unha subvención do Fondo de Compensación ambiental fixose un estudo completo para a recollida da materia orgánica, con fotos de todos os puntos de recollida e a xeolocalización coa ubicación exacta de cada colector. Agora éstase facendo unha campaña de sensibilización e concienciación da veciñanza con coloquios polos distintos concellos e tamén se está a estudar a forma en que se vai facer esa recollida, nalgúns casos será de xeito mancomunado e no caso doutros Concellos farase con medios propios. Hai outras cuestións de moita relevancia para A Mariña nas que tamén sería importante avanzar, mais recoñezo que non é unha tarefa doada. Sería de vital importancia chegar ao entendemento e traballar conxuntamente polas infraestucturas, por esa autovía e ese corredor que permitan vertebrar A Mariña e mellorar as conexións da comarca.

-Cales son as acciónsn que lles gustaría desestacionalizar?
Unha das cuestións importantes pasa por desestacionalizar o turismo fóra da época estival. Promover accións encamiñadas a atraer visitantes fóra dos meses de verán para que veñan durante todo o ano. Neste sentido xa existen programas ‘A Mariña en Ruta’ ou as ‘Rutas de Artesanía’ que están a funcionar moi ben ó longo dos meses de outono, mesmo participan xentes da comarca.

-Que elementos quererían refozar de cara a aumentar o potencial turístico da comarca?
Moitos deses elementos xa están incluídos dentro dese Plan de Sustentabilidade Turistica que como dixen antes recolle moitas accións no territorio da comarca. Entre elas a musealización da Torre do Mariscal en Alfoz, a sinalización do Camiño do Mar, o trazado das rutas BTT e de novas rutas de senderismo. Temos moitos recursos, aínda que debemos visualizalos e facelos valer para mellorar o potencial turístico do conxunto comarcal.

-Teñen pensando realizar colaboración ou intercambios con outras comarcas galegas para potenciar novas iniciativas económicas, culturais e sociais?
É sen dúbida un punto a estudiar, hai outros lugares como por exemplo a Ribeira Sacra, por citar algún, con distintos recursos económicos, culturais, patrimoniais e sociais distintos aos nosos pero que poden conxugar ben cos recursos que temos aquí na Mariña. Trátase tamén de aprobeitar sinerxías para poder poñer en marcha novas iniciativas conxuntas.

-Dentro desas accións gustaríalles facer traballos de recuperación do patrimonio artístico, histórico e inmaterial da comarca para poñelo en valor?
Esta claro, xa o dixen antes que dentro das accións do PST (Plan Sustentabilidade Turística) van moitas desas accións que permitirán recuperar parte dese patrimonio que temos na comarca que hoxe está desaprobeitado mais ten un potencial tremendo. Agora temos recursos económicos e debemos encamiñalos para facer toda esa tarefa de recuperación e posta en valor de todos eses elementos cos que contamos na Mariña e que nos diferencian doutros lugares.

-Nesta etapa buscará unha maior conxunción ou cooperación entre todos os concellos no sentido de que a promoción como comarca fai máis forza que ir por separado?
Esta claro que a unión fai a forza, e debemos vendernos como un xeodestino, ir por separado non nos leva a nada. Nese sentido temos que vender o concepto ‘A Mariña’, porque iso e o que somos, somos comarca, cuns recursos turísticos e un potencial enorme. Iso é o que nos vai a diferenciar doutros destinos.

-Como alcaldesa de Lourenzá, á parte de San Salvador, cales son aqueles elementos que lle gustaría que a xente coñecese do seu concello?
Gustaríame que viñesen coñecer todo, porque Lourenzá en sí xa namora; o pobo, as xentes, a tranquilidade, que vou dicir eu do meu pobo, nacín e crieime nel. Con todo, por centrarme nalgún lugar, gustaríame que viñesen a coñecer o Pazo de Tovar, a Ponte da Cazolga ou o muíño do Pereiro. Tamén é visita obrigada o Centro de Interpretación da Faba e o val de Lourenzá, as plantacións nas que se cultiva a nosa faba. todo un espectáculo de cores nesta época.

-Por último, que elementos lle gustaría ver feitos durante o período de tempo que sexa presidenta da mancomunidade e sobre os que porá máis esforzo?
Poñerei todo o meu esforzo no desenvolvemento desas accións incluídas no PST. Non podería decantarme por ningún proxecto en especial porque creo que todos e cada un deles teñen o seu atractivo e a súa aportación ao valor conxunto da comarca. Centraremos todos os esforzos en ir facendo realidade a maior parte deles na medida do posible xa que como sabemos na adminIstración non só chega coa vontade propia tamén temos que ter en conta o tempo e os trámites administrativos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...