InicioCulturaMariña Patrimonio organiza unha visita ao patrimonio do Concello de Castroverde

Mariña Patrimonio organiza unha visita ao patrimonio do Concello de Castroverde

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio está a organizar unha visita polo patrimonio do Concello de Castroverde para o vindeiro sábado 28 de outubro. Nesta saída está previsto visitarmos, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme. Se queda tempo antes do xantar, achegariamonos ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, faremos un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso.

A data límite para se apuntar remata o martes 24. O itinerario provisional do autobús sairán desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.

As persoas interesadas en participar nesta actividade cómpre que o comuniquen o antes posible para facilitar a organización da mesma, tendo en conta que hai un límite de prazas e terán prioridade as persoas que antes o comuniquen. Para anotarse enviarase un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar. Cando se teña a lista de participantes, concretarase o antes posible o itinerario, paradas e horario do bus así coma o número de conta no que será preciso ingresar o custo da actividade.

Para consultar o custo da actividade, consultar nesta ligazón: http://mrpatrimonio.blogspot.com/

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...