InicioOccidentalCervoA I Carreira Popular Maruxaina celebrarase en San Cibrao o 1 de...

A I Carreira Popular Maruxaina celebrarase en San Cibrao o 1 de novembro

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Deportes, David Rodríguez na propia instalación que xa recibiu o certificado de homologación.

Publicada o

- Advertisement -

As pistas de atletismo da Veiga serán estreadas oficialmente o próximo 1 de novembro, coa I Carreira Popular Maruxaina, organizada polo Club Deportivo San Cibrao e polo Concello de Cervo.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación que xa recibiu o certificado de homologación que acredita que reúne as condicións regulamentarias para a práctica do atletismo e a homologación das marcas que nela obteñan os deportistas.

As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través da ligazón https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2650/i-carreira-popular-maruxaina-concello-de-cervo, nas diferentes categorías, tanto para menores, cuxa saída está programada para as 11:00 hora, como para a proba absoluta que será a partir das 12:00 horas.

A I Carreira Popular Maruxaina será a primeira competición de carácter oficial que acollerán as novas pistas de atletismo, cuxa inauguración está prevista para o próximo 31 de outubro.

Desde o Concello de Cervo animan aos afeccionados e profesionais do atletismo a que se anoten a esta carreira, que será unha primeira toma de contacto coas novas instalacións que temos o privilexio de ter no noso municipio.

Haberá trofeos para todas as categorías e de regalo unha camiseta técnica para os 150 primeiros inscritos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...