InicioCentralBurelaO palangre de superficie será protagonista dun congreso en Burela a semana...

O palangre de superficie será protagonista dun congreso en Burela a semana que vén

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza os días 26 e 27 de outubro o Congreso “Os Grandes Migradores: xestión sostible e nutrición”, no que se analizarán as principais cuestións que afectan ao palangre de superficie, como a introdución da tintorera en CITES a partir do 25 novembro e outros asuntos de máximo interese.

No evento participarán representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA); do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO); do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC); e outras entidades públicas e privadas, como Europeche, Fip Blues, BridLife, ETF, AECOC, ou as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

Durante a tarde do xoves e a mañá do venres, no salón de actos de Armadores de Burela trataranse diferentes temas que afectan á frota de palangre de superficie, como a xestión pesqueira sostible; a dixitalización e comunicacións máis eficientes; as boas prácticas pesqueiras; ou a seguridade alimentaria, nutrición e saúde.

A asistencia ao congreso é gratuíta, pero será necesario inscribirse previamente por correo electrónico (xornadas@oppburela.com) ou directamente cubrindo a ficha na web www.oppburela.com/congreso2023. As persoas rexistradas poderán seguir tamén as xornadas a través de internet.

Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...