InicioEconomíaA maioría do comité de Alcoa "confía no pacto" coa empresa e...

A maioría do comité de Alcoa “confía no pacto” coa empresa e non convocarán mobilizacións

Así o decidiron na asemblea celebrada ás 12,00 horas deste venres nas instalacións da planta de aluminio os diferentes sindicatos que conforman o comité --CC.OO, UGT E CIG--.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores do complexo industrial de Alcoa San Cibrao acordaron este venres “por maioría do comité” confiar no pacto alcanzado coa empresa, que fixa o rearranque da produción de aluminio primario para o día 1 de xaneiro de 2024, e non convocar polo momento “mobilizacións”, dixeron, “que rompan a paz social”.

Así o decidiron na asemblea celebrada ás 12,00 horas deste venres nas instalacións da planta de aluminio do municipio de Cervo os diferentes sindicatos que conforman o comité –CC.OO, UGT E CIG–, quen advertiron, con todo, que continuarán vixiando que o acordo alcanzado coa empresa “se cumpra tal cal está escrito”.

“Na asemblea cada sindicato expuxo os seus motivos e deu as explicacións que considerou. Por maioría do comité, e coincidindo coas indicacións das súas avogacías e as avogacías da Xunta e do Goberno, decidiuse que non hai unha ruptura do acordo”, precisaron os traballadores nun comunicado recolleito por Europa Press.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...