InicioCentralBurelaBurela celebrará o Samaín o 31 de outubro na Praza de Abastos

Burela celebrará o Samaín o 31 de outubro na Praza de Abastos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá, o vindeiro martes 31 de outubro, unha Noite das Ánimas para celebrar o Samaín, organizada pola ACM Arume.

O evento terá lugar na praza de Abastos de Burela a partir das 17:00. Haberá actividades para todos os públicas, e dende a organización animan á veciñanza a acudir ás mesmas cos disfraces temáticos propios da ocasión.


Haberá un obradoiro para preparar cabazas, para o cal será necesario que cada participante traia a súa de casa. Estas cabazas serán empregadas no posterior “Desfile das Ánimas”.
Tamén haberá contacontos, chocolatada, e o “Canto da Sinistra Compaña”.
Todas as actividades son de balde, debendo estar a cativada menor de 6 anos acompañada sempre dunha persoa adulta.


O Concello colabora un ano máis na realización desta actividade organizada pola Asociación Cultural e Musical Arume xunto a outras entidades do municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...