InicioOccidentalViveiroViveiro presenta o proxecto "Camiños Escolares Seguros"

Viveiro presenta o proxecto “Camiños Escolares Seguros”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe o proxecto ANCAS de Camiños Escolares Seguros, que se porá en marcha con cinco rutas diferentes no CEP Lois Tobío.

O proxecto, financiado polo concello, foi presentado esta mañá pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro Jesús Fernández, e Jeanne Picard, presidenta de STOP Accidentes.

Loureiro agradeceu o traballo “da dirección e o conxunto da comunidade educativa do colexio Lois Tobío, así como de STOP Accidentes Galicia, partes fundamentais na posta en marcha deste proxecto”.

“Queremos dotar a Viveiro das infraestruturas e os plans de mobilidade necesarios para que a poboación infantil e xuvenil sinta o seu entorno como amigable e seguro, creando itinerarios peonís que aseguren a accesibilidade e mobilidade sostible de nenos, nenas e adolescentes”, afirmou a alcaldesa.

O proxecto ANCAS ponse en marcha despois dun amplo proceso de traballo, con talleres teóricos e prácticos e enquisas de hábitos de mobilidade entre as familias para confeccionar o mapa das diferentes rutas empregadas polo alumnado no seu camiño á escola.

Deste modo, co proxecto lógrase fomentar a participación cidadá, mellorar a convivencia e impulsar costumes saudables de seguridade viaria e respecto ao medio ambiente.

“Cos camiños escolares traballaremos os valores sociais da prudencia, a responsabilidade, a solidariedade, o respecto e a autonomía dos nenos e nenas; haberá cinco rutas diferentes e desde o concello estamos convencidos de que esta primeira proba do Lois Tobío será o comezo dunha experiencia que se trasladará a outros centros educativos”, rematou a alcaldesa

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...