InicioOccidentalViveiroViveiro realiza traballos de acondicionamento no parque Pernas Peón

Viveiro realiza traballos de acondicionamento no parque Pernas Peón

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acometeu nas últimas datas diferentes traballos de acondicionamento e mantemento do parque Pernas Peón.

Entre as tarefas realizadas, “están a limpeza do estanque, as pasarelas e as fontes cunha máquina de presión, a recollida de lixo e a poda de ramas en mal estado”, explica Miriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable de Obras de Viveiro, que adianta que “está previsto acondicionar os camiños afectados polas choivas”.


Desde o concello solicítase a colaboración veciñal para manter o parque en boas condicións, utilizando as papeleiras dispoñíbeis e coidando o mobiliario urbano.


“Un dos obxectivos do noso goberno é revitalizar este parque, para o que se están organizando as actuacións necesarias que permitan renovalo coa plantación de árbores e flores, así como a posta en marcha de espazos de convivencia e xogo. É un obxectivo ambicioso que conlevará a solicitude de subvencións, para o cal se está traballando”, engade Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...