InicioCentralBurelaA alcaldesa de Burela considera "papel mollado" os orzamentos para a EDAR

A alcaldesa de Burela considera “papel mollado” os orzamentos para a EDAR

“As contas inclúen unha partida para a EDAR no ano 2024 que non cubre nin a metade do orzamento das obras e non hai un compromiso de investimento nos seguintes exercicios, como vemos noutros proxectos”, engade a alcaldesa de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, Carmela López, considera “moi decepcionantes para o noso concello” os orzamentos 2024 da Xunta de Galicia. López lamenta especialmente “a ausencia dun compromiso real para a nova EDAR de Burela, unha infraestrutura pendente desde hai anos e moi importante para o noso concello”.


“As contas inclúen unha partida para a EDAR no ano 2024 que non cubre nin a metade do orzamento das obras e non hai un compromiso de investimento nos seguintes exercicios, como vemos noutros proxectos”, engade.


“Ademais, as obras aparecen desde hai oito anos nas contas autonómicas pero non as executan”, lembra Carmela López, “e hai fondos europeos asignados ao proxecto que se poden perder”, advirte.


Ante esta situación, “solicitarei unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para desbloquear o proxecto e obter un compromiso de completar o orzamento das obras, porque os veciños e veciñas de Burela non merecen isto”.


“Xa levamos demasiadas promesas e demasiado tempo esperando, pero os compromisos do goberno galego quedan sempre en papel mollado e as obras da EDAR non comezan”, remata López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...