InicioOrientalRibadeoSetenta nenos e nenas participaron o sábado no "Truco ou Trato"

Setenta nenos e nenas participaron o sábado no “Truco ou Trato”

A actividade conta co apoio de ACISA Ribadeo e Kids&Us.

Publicada o

- Advertisement -

Ao redor de 70 nenas e nenos participaron na mañá deste sábado no TrickorTreat, actividade organizada por Kids&Us e Acisa Ribadeo para celebrar Halloween.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “desde Acisa gústanos poder crear este tipo de actividades, que divirten e entreteñen a péquelos da casa, e que ademais serven para que os seus pais e nais poidan dedicarse un pouco de tempo a eles mesmos, por exemplo a facer unhas compras ou saborear algunhas das propostas das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que estamos a celebrar desde onte e ata mañá, 29 de outubro”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, agradeceu a participación das 14 firmas que quixeron unirse ao TrickorTreat: “para que esta actividade resultase o máis atractiva posible para as e péquelos que se animaron a pasar unha mañá de sábado diferente con Kids&Us e Acisa Ribadeo. Grazas a Glass, Anais, Farfala, A Moda, Dequip, Baía, Farmacia Álvarez Lebredo, Coco, Dándara, ForFriends, Catro Ventos, Misstic, Carreira e Casa Mandarina”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...