InicioOrientalRibadeoRibadeo comeza tarefas de poda das árbores na vila

Ribadeo comeza tarefas de poda das árbores na vila

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realiza a poda das árbores da vila. Os traballos, que comezaron pola estrada do cemiterio e pola praza de abastos, seguirán nos vindeiros días por outras zonas. O alcalde, Dani Vega, subliña que o plan director encargado polo equipo de goberno indica cando e como se deben efectuar esas tarefas.

O rexedor contou que “estes días puidemos observar e ver todos que estamos a realizar traballos de poda en Ribadeo. Evidentemente este era un tema que nos preocupaba e fixemos un plan director, que nos di con moita claridade que hai un problema nas árbores de Ribadeo”.

Vega dixo que “o plan director o primeiro que nos indica é cando debemos facer a poda, isto non se pode facer porque un se levante pola mañá e decida facer a poda de Ribadeo, senón que hai que planificala, hai que facela no momento preciso. E tamén o plan director di con moita claridade cando debemos tratar as árbores”.

O alcalde explicou que “podemos ter un problema no parque e hai que informar a todos. As palmeiras levan un tempo enfermas e o castaño de indias tamén pode ter outra enfermidade. Agora imos analizar esta situación e imos tratalos para que esas patoloxías non avancen”.

Dani Vega manifestou que “tamén temos que facer unha poda moi rigorosa e moi estrita, non como quixéramos, porque leva moito tempo sen realizarse esta tarefa, máis de catro anos nos din os técnicos municipais. E a nos non nos parece moi serio, polo que tivemos que facela con certos criterios técnicos. Houbo que empezar por puntos moi concretos, como pode ser a estrada da cemiterio, onde nos atopamos cunha masa importante de canas que houbo que retirar paulatinamente. Púidose ver e observar que todas as canas foron trituradas na praza de abastos e así a eses restos non se lles dará o mesmo destino que en tempos pasados cando se tiraban en calquera prado por aí”.

O rexedor anunciou que “agora estes traballos de poda seguirán por outras rúas de Ribadeo: Reinante, Avenida de Galicia, Avenida de Asturias, parque de San Francisco e así sistematicamente baixo unha planificación moi concreta e baixo criterios técnicos e non porque un político decida pola mañá que hai que podar porque as canas son elefantiásicas. Isto faise baixo criterios técnicos e rigorosos”.

Vega insistiu en que “o plan director que se encargou di con moita claridade en qué tempo se debe facer a poda e qué tratamento lle debemos dar a moitas árbores. Desde unha disciplina, desde unha rigorosidade profunda, estamos realizando unha poda, que eu creo que todo o mundo, que toda a xente de Ribadeo, observou que se fai ben e baixo criterios técnicos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...