InicioCentralBurelaEn prisión provisional o home que cometeu unha suposta agresión sexual a...

En prisión provisional o home que cometeu unha suposta agresión sexual a unha menor en Burela

Os feitos tiveron lugar na localidade mariñá na madrugada do sábado ao domingo.

Publicada o

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, dun home que foi detido como suposto autor dun delito de agresión sexual a unha menor de idade cometido o fin de semana no municipio de Burela.  Así o confirmaron este xoves fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que precisaron que o acusado se atopa investigado por un delito de agresión sexual a menor e por outro de roubo, ao subtraer presuntamente o teléfono móbil á vítima.

Os feitos tiveron lugar na localidade mariñá na madrugada do sábado ao domingo. Foi a menor quen efectuou a denuncia ante a Garda Civil e a que puxo en coñecemento dos axentes que o presunto agresor, un home novo, subtraéralle tamén o seu teléfono móbil. Efectivos da Garda Civil procederon na xornada do martes á detención do individuo e a xuíza decretou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza como presunto autor dun delito de agresión sexual impóndolle ademais unha orde de afastamento da vítima.

UNHA SITUACIÓN “PREOCUPANTE”

A investigación policial, que se desenvolve neste momento coa máxima discreción a fin de protexer a intimidade da vítima, é a segunda que involucra a un menor de idade en Burela en pouco menos de dúas semanas, logo de que o 25 de outubro fosen postas en liberdade con medidas cautelares as dúas persoas acusadas de secuestrar na localidade a un menor de 16 anos.

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, cualificou, en declaracións a Europa Press, como “preocupante” o sucedido. “Son noticias que ningún veciño nin veciña queren ler pero que están a pasar na sociedade a nivel xeral”, lamentou a rexedora, antes de precisar que se trata “afortunadamente dun feito illado” no municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...