Unha muller faleceu e outras dúas persoas resultaron feridas tras unha colisión dun turismo contra un camión estacionado, ocorrida a pasada medianoite na estrada LU-539, no termo municipal de Viveiro.
Segundo informaron fontes do CIAE 112 e da Garda Civil, o sinistro rexistrouse na chamada Variante de Viveiro, que coincide coa Avenida de Ferrol. Un turismo saíuse da vía pola marxe dereita e chocou contra un camión que se atopaba aparcado. Como resultado do choque, a ocupante do asento dianteiro dereito, unha muller de 23 anos, faleceu; mentres que resultaron feridos graves o condutor do turismo e o ocupante do asento traseiro esquerdo.
Como resultado do choque, a ocupante do asento dianteiro dereito, unha muller de 23 anos, faleceu; mentres que resultaron feridos graves o condutor do turismo e o ocupante do asento traseiro esquerdo.
As persoas feridas son dous homes, R.P.S., de 29 anos de idade e R.S.G.R., de 21 anos. O primeiro foi evacuado nunha ambulancia de soporte vital avanzado, e o segundo nunha ambulancia de soporte vital básico medicalizada co equipo da PAC de Viveiro. Ambos foron trasladados ao hospital da Mariña.