InicioCentralFozO Concello de Foz comeza o Nadal da Mariña coa instalación do...

O Concello de Foz comeza o Nadal da Mariña coa instalación do alumeado

“Queremos facelo antes da ponte, para dar un aliciente máis para achegarse nos festivos de decembro e vir a pasear e a consumir en Foz”, comenta o alcalde, Fran Cajoto.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz leva dende o verán preparando un Nadal cheo de luz, actividades, sorpresas e doces. Este luns comezou a instalación do alumeado, que se fai por parte dunha empresa e de operarios municipais.

“Xa levamos unhas semanas revisando luces, colocando tensores, tirando cable,… Leva tempo preparar unha iluminación bonita e que poida sorprender aos veciños e visitantes”,explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engade que “en Foz o Nadal sempre é unha data especial, pero levamos uns anos volcándonos máis, poñéndolle un chisco extra, porque as caras dos máis pequenos son o mellor o día do acendido”

O venres día 1 de decembro está programado que comecen a brillar as luces, o bright friday ou venres luminoso. “Queremos facelo antes da ponte, para dar un aliciente máis para achegarse nos festivos de decembro e vir a pasear e a consumir en Foz”, comenta o alcalde, Fran Cajoto.

En próximas datas o Concello anunciará a programación de Nadal completa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...