InicioCentralO ValadouroDobre convocatoria cultural no Valadouro para a fin de semana

Dobre convocatoria cultural no Valadouro para a fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

O sábado 18 de novembro ás 19:00 horas, teremos unha nova representación teatral dentro do Circuito de Teatro Afeccionado da provincia de Lugo. Trátase da obra: “Vaise pechar outra casa máis” representada polo Grupo de Teatro Os Baluros de Castro de Rei. A entrada, de balde, no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello do Valadouro”

Sinopse: Pepe é un labrego que vive nunha aldea xunto coa sua nai, a viuva Maruxa. Con moitas dificultades sobreviven sen atopar o xeito de mellorar naquel medio rural de mediados dos setenta. Engaiolado polos relatos da vida que di levar un veciño emigrado, segue o camiño deste, a pesares da fonda tristura que senten, tanto el como a súa nai. Pero un agravamento da saúde de Maruxa, forza o seu regreso…

O domingo 19 de novembro, á mesma hora, ás 19:00 da tarde será o turno da música: Concerto de Santa Ícia a cargo da Banda de Música de Lourenzá e Banda Xuvenil de Lourenzá. Pituband. Será no mesmo escenario do día anterior, tamén con entrada de balde, no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e daTerceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello do Valadouro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...