InicioOccidentalO VicedoA Plataforma Sanitaria da Mariña apoia a concentración polo tecido asociativo do...

A Plataforma Sanitaria da Mariña apoia a concentración polo tecido asociativo do Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma sanitaria da Mariña anuncia que apoia e acudirá á concentración que convoca a maioría do tecido asociativo do Vicedo para demandar a cobertura de xeito continuado das dúas prazas de medico de familia. Segundo nos trasladan innumerables pacientes foilles imposible en moitos casos concertar citas para acudir ao médico, para renovar receitas, facer os partes de confirmación de baixa laborais así como tampouco ser atendidos coa cita que tiñan.

O centro de saúde do Vicedo conta con dúas prazas de medicina de familia, das que solo estaba ocupada unha delas de xeito continuado, acudindo algún día (moi poucos) outra profesional. Máis desde que este facultativo marchou trasladado a outro lugar o Sergas deixou de cubrir todos os días as prazas de médicos, enviando de vez en cando a outra persoa.

Nestes últimos quince ou máis días solo viña solo unha médica un día á semana, ata que desde que os colectivos veciñais, deportivos e culturais se deu a voz de alarma e saíron á rúa a apoiar a concentración que reuniu a tres mil persoas en Viveiro. Dous días antes de que a xente saíra á rúa xa puxeron facultativo todos os días no Vicedo, eso sí , sólo durante catro horas.

Desde o colectivo sanitario da Mariña animamos a todas as veciñas e veciños a que acudan a esta concentración , que baixo o lema “Médicos en Vicedo Xa” tenta conseguir que se dote ao seu concello do persoal sanitario que merecen advertindo á Xerencia e ao goberno da Xunta “que deixen de facer sudokus para tentar encaixar cun persoal baixo mínimos a xigantesca fenda sanitaria que eles mesmos crearon “- conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...