InicioOrientalA PontenovaA conserxe cesada no CEIP da Pontenova deberá ser readmitida ou indemnizada

A conserxe cesada no CEIP da Pontenova deberá ser readmitida ou indemnizada

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) improcedente o despedimento ao ver demostrado que houbo "cesamento ilegal" desta traballadora ao concello por parte da empresa Game Sport Xestión de Servizos SLU.

Publicada o

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga ao Concello da Pontenova a readmitir ou indemnizar á conserxe do CEIP do municipio.

O fallo considera improcedente o despedimento ao ver demostrado que houbo “cesamento ilegal” desta traballadora ao concello por parte da empresa Game Sport Xestión de Servizos SLU.

E é que, segundo explica CSIF nun comunicado de prensa e recolle a propia sentenza, o consistorio solicitara a Game Sport o servizo de consellería mentres non abría o proceso de selección deste posto, tras a xubilación do titular.

A traballadora exercía funcións de conserxe no colexio A Pontenova mediante contrato de obra e servizo durante os cursos 2019 a 2022.

Este fallo é froito do recurso de suplicación interposto por dita traballadora, a través dos servizos xurídicos de CSIF, á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Lugo elpasado mes de xaneiro, que agora é revogada.

O TSXG declara improcedente o despedimento desta muller, pois foi contratada para desenvolver “funcións estruturais do concello, como son as inherentes aos labores de conserjería dun colexio”.

O propio consistorio, explica a sentenza, solicitou á empresa Game Sport, dedicada a actividades recreativas e de entretemento, este servizo “ante a xubilación da conserxe e a imposibilidade de tramitar o expediente de selección de persoal de maneira rápida”.

Para o TSXG, queda probado que a traballadora ocupaba, por tanto, unha praza incluída na RPT (relación de postos de traballo) do concello que, de feito, foi convocada en xullo do pasado ano, un mes despois de finalizar o curso e do cesamento do contrato da demandante.

“A abundante xurisprudencia sobre cesión ilegal de traballadores e os feitos probados sobre a dependencia directa desta empregada, tanto en funcións como horarios e tempo de traballo, da administración pública deron a razón a CSIF, que mostra unha vez máis a súa satisfacción por ver que se fai xustiza en favor dos traballadores”, destaca a central.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...