InicioCentralFozEconomía en Foz lembra que o pago das terrazas está derrogado desde...

Economía en Foz lembra que o pago das terrazas está derrogado desde 2021

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Economía en Foz, Inés López Couto, asegura que “o trompetazo de Castiñeira foron as eleccións” e considera que “se a oposición non ten nada que aportar é mellor que deixe traballar”. E lembra que “o pago das ocupacións de vía por terrazas de hostalería está derrogado dende mediados de 2021 e polo tanto leva dous anos e medio sendo gratuíta para axudarlles aos negocios a recuperarse da covid19”. Inés López subliña que “o Concello estivo axudando ao tecido empresarial durante todo este tempo. Agora faise unha ordenanza nova similar á de moitos outros Concellos, con pagos moi inferiores a outros municipios de costa. Os espazos públicos son de todos e debe equilibrarse o uso privado dos mesmos”.

A edil de Economía considera que “o señor Castiñeira quizais debería de deixarse de tanto teatro, de animaladas e de sablazos e aportar algo máis que palabras rimbombantes. No ano 2014 e seguintes, cando se dedicou a subir o IBI todos os anos de forma acumulativa, o agora líder da oposición non debía saber as fórmulas necesarias para aumentar os ingresos sen ter que subir impostos, como di. Igual agora as descubriu e quere explicarllas a todas as administracións”.

E Inés López engade: “que van votar non a todo xa o sabemos. Vótanlle non a Foz e vótanlle non á mellora dos servizos e infraestruturas de Foz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...