InicioOrientalBarreirosPremios en Barreiros na clausura do Circuíto de Carreiras Populares 2023

Premios en Barreiros na clausura do Circuíto de Carreiras Populares 2023

Publicada o

- Advertisement -

O centro sociocultural de San Cosme de Barreiros acolleu na tarde deste domingo a clausura da II edición do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros coa entrega de premios aos mellores deportistas así como un agasallo conmemorativo a todas as persoas que participaron en, polo menos, 4 das 6 probas coas que conta o circuíto. A Carreira Solidaria de Reis, a Carreira das Praias, o ½ km Vertical, a Benquerencia Terra-Mar, o Trail Monte Comado e a Carreira Popular Ao Son do Masma.


Tamén houbo un oco para o agradecemento ás asociacións colaboradoras e organizadoras de varias probas do circuíto. Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado e Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.


Á entrega de premios asistiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida e o concelleiro de dinamización, Dani García que agradeceron a numerosa asistencia á Gala así como a boa participación que se acadou este ano no circuíto.


O edil de dinamización fai “un balance moi positivo” e agradece a colaboración “polo traballo e dedicación que tanto deportistas como voluntarios e voluntarias, tecido asociativo e patrocinadores, fan posible manter en Barreiros 6 carreiras populares xa consolidadas no calendario mariñán”.


Dani García anunciou tamén a continuidade do circuíto +KmsBarreiros para o 2024 dando comezo “o vindeiro 7 de xaneiro teremos a carreira e andaina solidaria de Reis que dará o pistoletazo de saída a unha nova edición que traerá novidades de cara a seguir fomentando a participación”. O concelleiro animou a descubrilas “buscándonos nas das redes sociais, facebook e instagram ou a través da app propia do circuíto que está dispoñible tanto para Android como iOS na web www.maiskmsbarreiros.gal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...