InicioCentralMondoñedoIván Cabanas: "Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

Iván Cabanas forma parte da organización do Ceibarrimas, un encontro onde, coa colaboración de Merenda Creativa e a Asociación Xoldra, se celebrará unha "batalla de galos" rapeando. O desexo é impulsar a creatividade neste tipo de encontros musicais para que as persoas con desexos de dar a coñecer o seu potencial, poida mostralo grazas ao micro aberto e aos ánimos que trasladarán os e as participantes así como os músicos convidados.

Publicada o

- Advertisement -

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo?

Consiste en facer “batallas de galos” de rap en galego. Segundo unha base de rap van improvisando segundo as palabras que vaia apuntando a organización dependendo da modalidade da “batalla”. Tamén haberá un micro aberto por se alguén quere subir e improvisar e por último haberá concertos de rap.

-Quen participará nos concertos de rap?

Pois actuarán C Mirazo, que son de Carballo, Xmaseda65 que é de Viveiro, logo veñen Willow GHZ desde Ponteareas, Shera e Sile de Vilalba e DJ Breixán e Román.

-Cantas persoas participarán na “batalla de galos”?

Están apuntadas doce mais esperamos que se animen outras e outros competidores. Moitos son de fóra de Mondoñedo, veñen desprazándose coa Asociación “Merenda Creativa”.

-Onde se celebrará a “batalla”?

Será no Casino de Mondoñedo, un edificio histórico da vila e será o 2 de decembro a partir das 18:00.

-O micro aberto tamén pode servir para que alguén de Mondoñedo ou da zona poida dar a coñecer as súas habilidades?

Si, claro, se algún rapaz ou rapaza non tivo nunca oportunidade de mostrar como rapea, que só o fai na súa casa, pois aquí ten a oportunidade de cantar diante dun público.

-Tedes todo dividido en diferentes categorías.

Si, temos a clasificatoria, que dependendo da xente reunida, poderá facerse segundo diferentes modalidades. Se por exemplo hai 16 persoas, haberá un sorteo e iremos a oitavos directamente para pasar a cuartos de final. Senón, organizaremos a batalla para que queden oito persoas xustas para os cuartos de final.

-Haberá un xurado que valore as interpretacións das diferentes competidoras e competidores?

Haberá un xurado de tres persoas, un deles é un integrante de Shera e Sile que logo darán un concerto, outro é Xosé Maseda, quen tamén dará un concerto e unha terceira persoa con estudos de Filoloxía.

-Que se vai valorar cando unha persoa suba ao escenario e comece a súa interpretación?

Valorarase tanto a parte escrita, a rima en si e o ritmo de rap e a improvisación. Mais todo depende da modalidade en que compitan e segundo a palabra que aparecerá nunha pantalla e eles deberán traballar sobre ella e tamén o público pode elixir as palabras. Hai diferentes estilos nestas batallas. Unhas veces son sen base, libre e a capella, unhas veces son catro patróns cada un e outras veces son oito. Isto depende máis de Merenda Creativa quen organizan estes eventos.

-Cal é o obxectivo final de Ceibarrimas?

Dar a coñecer o rap nesta zona e darlle unha oportunidade a xente que faga este estilo de música para participar nun concerto. Direi que este é o primeiro encontro deste tipo en Mondoñedo, sei que en Santiago xa se celebrou máis veces.

-Como naceu a idea de celebrar este primeiro Ceibarrimas?

Algúns de nós vivimos en Santiago e tivemos a oportunidade de ver estas “batallas de galos”. Pareceunos un modelo interesante e atractivo e quixemos traelo á nosa vila.

-Por tanto existe unha afección ao rap pola vosa parte que xa vén de antes.

Somos asistentes habituais a este tipo de concertos e tamén somos afeccionados ou melómanos do rap.

-Que debe ter para ti unha persoa con desexo de participar nunha pelexa de galos?

Non ter medo, tirar para adiante, capacidade de improvisación, moito léxico porque na rima é importante saber por onde saír.

-As persoas do xurado xa levan as normas redactadas?

Xa van redactadas pola organización. En tal caso, Xoldra organiza o evento en colaboración con Merenda Creativa quen son os que levan o tema de normas. Nós organizaremos o evento que, apunto, está aberto a todos os públicos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...