InicioOrientalRibadeoActo vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

A presidenta de ACISA Ribadeo, Carme Cruzado Iglesias, declara: "esperamos que estas actitudes non volvan repetirse e que todas e todos gocemos do Nadal, de Ribadeo, do seu comercio e da súa hostalería".

Publicada o

- Advertisement -

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto dun acto de vandalismo a pasada madrugada. Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, declara que “lamentamos o sucedido 24 horas despois da inauguración deste punto do Nadal. As caixas de agasallo recibiron o mesmo trato que outras veces lle dan ás papeleiras, contedores ou calquera cousa que teñen ao seu paso. Estamos ante individuos maleducados, irrespetuosos, intransixentes… dos que non cabe esperar moito. Todas e todos podemos divertirnos, pero con respecto cara aos demais, con respecto neste caso cara ao tecido empresarial ribadense”.

Acisa puxo o sucedido en coñecemento das Forzas e Corpos de Seguridade para que investigue a autoría deste lamentable feito. O xerente da asociación, Jesús Pérez, contou que “os elementos decorativos foron golpeados, desconectados da iluminación, co consecuente risco que iso supón para as persoas, e mesmo trasladados a outras rúas como a Avenida Leopoldo Calvo Sotelo”. Cruzado Iglesias engade: “esperamos que estas actitudes non volvan repetirse e que todas e todos gocemos do Nadal, de Ribadeo, do seu comercio e da súa hostalería”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...