O xurado da quinta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá -formado por Isabel Vilalba, Fina González, Javier Huertas, María Cruz Valea, Miguel Gavín, María José López e Manuel Arango- deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios.
Para o premio Conde Santo á mellor representación os elixidos son: Arte, de Hipócrita Teatro; Pan con chocolate, de Ollomao; e Os veciños do lado, de Fauna 113.
En canto ao premio Lourenzo ao mellor actor: Carlos Rebolo, de Hipócrita Teatro; Juan José Villarino, de O Torques; e Pablo Rodríguez, de Fauna 113.
Para o premio Ana á mellor actriz: Noelia do Correo Vello, de Ollomao; Iris Darriba, de Fauna 113; e Bea Gea, tamén de Fauna 113.
En canto ao premio ao mellor actor de reparto: Juan de Culán, de Ollomao; Xabi Prieto, de Teatro Carauta; e Rolando Sánchez, de Fauna 113.
Para o premio á mellor actriz de reparto: Merche Gallas, Pepa Peña, Monchi Pose, Tere Blanco e María Castaño, de Teatro Carauta; Olga Janeiro, de Teatro Carauta; e Lucía Cougil, de Coles Teatro.
En canto ao premio á mellor posta en escena: Moito ruído e poucas noces, de Teatro Carauta; Os veciños do lado, de Fauna 113; e Unha voda insospeitada, de Coles Teatro.
E para o premio especial do público: Pan con chocolate, de Ollomao;
O Randiña, de O Torques; e Moito ruído e poucas noces, de Teatro Carauta.
Os premiados en cada categoría coñeceranse na gala que se celebrará o sábado 16 de decembro ás 20:00 horas no Multiusos Ponte de Cuñas. Neste evento poñerá o punto final a esta edición do certame a compañía Ítaca Teatro, que representará a obra Anacos.