- Advertisement -
Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio lucense de Lourenzá, irromperon dous cabalos que, posteriormente, foron interceptados. A Garda Civil iniciou un dispositivo no que participou o Equipo de Investigación de Sinistros viarios, con base en Burela, a patrulla de Seguridade Cidadá Ribadeo e persoal de mantemento da autovía A-8. Así, conseguiron localizar, sinalizar e retirar aos animais da vía sen ter que lamentar ningún dano e activaron os paneis móbiles para advertir da presenza de animais na vía.