O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, mantivo unha reunión a pasada co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, para trasladarlle as queixas de hostaleiros que consideran “excesivas” as subidas da taxa de terraza.
Nun comunicado, Apehl explica que este encontro se realizou o 7 de decembro a demanda dunha trintena de hostaleiros ante a súa preocupación polo aumento de taxas. Durante a reunión, Cheché Real propúxolle ao alcalde volver xuntarse con dous ou tres representantes desa trintena de hostaleiros para “poder chegar a un acordo e buscar unha solución entre todos”.