InicioOccidentalViveiroVisita de Lara Fernández a campamentos saharauis para organizar eventos culturais

Visita de Lara Fernández a campamentos saharauis para organizar eventos culturais

A concelleira de Benestar Social de Viveiro atopou “unha sociedade absolutamente matriarcal, unha matria con todas as letras”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Benestar Social de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, participou nunha visita aos campamentos saharauis en Tindouf, Alxeria, xunto a outros representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.


Fernández Fernández-Noriega, que fai parte da executiva da entidade, mantivo diversas reunións con colectivos e autoridades saharauis, co obxectivo de “seguir traballando en prol das liberdades e os dereitos fundamentais que teríamos que ter todos e todas”.


Estas reunións desembocarán na realización de “eventos culturais solidarios e conxuntos promovendo a súa cultura, comezando cun festival de cinema saharaui co que recadar fondos para a escola audiovisual da wilaya de Bojador”, sinala a concelleira. “A mocidade saharaui valora moito a importancia de estudar a pesar das condicións hostís nas que viven”, destaca.


“Na miña visita atopei un pobo loitador, valente, cunha determinación asombrosa, organizado, moi hospitalario e, sobre todo, cunha dignidade superlativa”, sinala Fernández Fernández-Noriega. “Traio de volta moito traballo para facer, sobre todo para visibilizar a loita saharauiu, unha loita que é de xustiza”, engade.


Nos campos saharauis en Tindouf, a viveirense atopou “unha sociedade absolutamente matriarcal, unha matria con todas as letras”. “Agardo voltar axiña, porque un pedaciño do meu corazón xa ficou no Sahara”, conclúe a concelleira.


A misión política na que participou foi organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade canda a Delegación da República Árabe Saharauí Democrática en Galicia e España e a ONGD Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.


A visita incluíu reunións coa gobernadora da provincia de Bojador, Dih Chadad, co primeiro ministro, Bucharaya Beyun, e con representantes da Asociación de Familiares de Prisioneiros Saharauís e Persoas Desaparecidas, das Xuventudes Saharauis ou da Unión de Mulleres Saharauís entre outros. “Visibilizar e non silenciar esta loita é como mínimo o que podemos e debemos facer”, remata Fernández-Fernández-Noriega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...