A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 4.377.785 euros a execución das obras do novo colector xeral de Burela, que permitirá a mellora do sistema de saneamento municipal.
Os traballos, adxudicados á empresa Petrolam Infraestruturas, S.L., permitirán a construción dunha estación de bombeo e tratamento que recollerá a maior parte das augas residuais de Burela para impulsalas cara á futura nova depuradora.
O obxectivo da Xunta é comezar a execución das obras a inicio do próximo ano, cun prazo de execución de 15 meses.
En concreto, as obras consistirán na renovación da rede de colectores xerais, para dirixir as augas residuais á nova estación de bombeo, e construiranse colectores secundarios para dar servizo á zona portuaria, reducindo a infiltración de auga ao sistema na zona da fronte marítima.
Baixo este contrato, tamén se acometerá unha impulsión desde a estación de bombeo á nova depuradora, unha condución de vertedura e a correspondente impulsión á nova depuradora da zona adxacente á lonxa.
Os traballos estarán cofinanciados pola Unión Europea no marco dos programas operativos Feder Galicia 2014/2020 e 2021-2027. As actuacións contratadas pola Xunta contribuirán a solucionar os problemas de saneamento no Concello de Burela e veranse completadas coa nova estación depuradora, cuxo proxecto está redactado e continúa avanzando para completar a tramitación ambiental e a continuación licitar as obra