InicioEconomíaSegundo mellor ano da historia de Ferrol-San Cibrao, que moveu 13,7 millóns...

Segundo mellor ano da historia de Ferrol-San Cibrao, que moveu 13,7 millóns de toneladas

O carbón e a bauxita son as mercancías máis estibadas, por diante da alúmina, terceira

Publicada o

- Advertisement -

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acaba de pechar o segundo mellor exercicio da súa historia, ao rexistrarse nas súas instalacións durante 2018 un tránsito de materias primas, materiais e produtos de case 13,7 millóns de toneladas.

As empresas que operan nos peiraos de Ferrol e San Cibrao, cuxo dique norte serve de apoio á multinacional do aluminio Alcoa, moveron en 2018 un total de 13.683.716 toneladas de mercancías, unha cifra que é un 20,4% superior á media de actividade do presente século.

0,7% MELLOR CA NO 2017

Tamén supón un avance do 0,7% respecto de 2017. De feito, sitúase 0,2 puntos porcentuais por baixo da marca absoluta de 2012.

MERCANCÍAS

A listaxe das mercancías líderes reflicte a importancia da enerxía e a metarlurxia. O carbón, con 4.730.790 toneladas, ten o liderado, polas 4.240.042 toneladas de bauxita estibadas.

A alúmina (1,2 toneladas), o gas natural licuado (851.821), o fueloil (451.461), a sosa cáustica (273.277), a chatarra (269.665), os aceites (244.233), a madeira (242.754) e o biodiésel (219.464) completan o “top dez”. 

Podes consultar a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...