InicioCentralBurelaBurela aproba a renovación do contrato do servizo de augas

Burela aproba a renovación do contrato do servizo de augas

A alcaldesa de Burela, Carmela López, explica que un dos motivos para asinar de novo un contrato con Espina & Delfín para os vindeiros 5 anos é a previsible construción da nova estación depuradora.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela aprobou no pleno municipal, co voto a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, a renovación do contrato do servizo de augas coa empresa Espina & Delfín por 5 anos máis.


A alcaldesa de Burela, Carmela López, explica que un dos motivos de asinar de novo o contrato con Espina & Delfín para os vindeiros 5 anos é a previsible construción da nova EDAR, “como acredita a licitación nº OH.727.689 de Augas de Galicia, xa que a existente está totalmente obsoleta”.


“Levamos dende 2015 loitando por isto, e entendemos que ao longo destes 5 anos de prórroga do servizo debería comezar a obra, xa que depende de fondos europeos que probablemente se perdan de non ser gastados” explica a rexedora.


Ademais, o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, explica que o Concello incorporarase aos fondos PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica), o que “suporá máis de 1.300.000€ de inversión”.


“Entendemos que o servizo tería unha mellora importante e sería beneficioso para toda a veciñanza de Burela, permitindo ter un maior control sobre a auga que gastamos e mellorando o servizo”, sinala o concelleiro.


“Esta renovación tamén supón que a empresa terá que facer unha inversión, pagándonos un canon que ronda os 330.000€, cantidade que queremos empregar nunha serie de obras que xa temos estudadas para continuar a mellorar o servizo de augas”, explica Fernández Rey. O concelleiro sinala que o servizo que agora se renova “está funcionando ben, é moi apreciado pola veciñanza e soluciona os problemas cando van aparecendo”.


“Somos, ademais, un dos concellos de Galicia que menos perdas de auga ten na rede superando o 80 % de eficiencia, gracias as obras e melloras feitas nos últimos anos”, destaca Fernández Rey.


“Moi poucos Concellos poden acadar estes datos, e o obxetivo con estas inversións é o de seguir mellorando neste senso”, engade o responsable de Obras. “Tal como está a situación co cambio climatico, e como se demostrou nestes últimos veráns, a auga vai ser un ben moi preciado, e non podemos permitir que se perda nin unha gota”, continúa.


“Burela é un referente neste eido gracias ó traballo feito polo Concello e a concesionaria”, conclúe Fernández Rey, polo que “o novo contrato con Espina & Delfín vai seguir tendo os mesmos termos que o anterior”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...