InicioCentralLourenzáFauna 113 gaña o premio á mellor representación no concurso de teartro...

Fauna 113 gaña o premio á mellor representación no concurso de teartro de Lourenzá

Publicada o

- Advertisement -

O grupo Fauna 113, de Vigo, gañou o premio Conde Santo á mellor de representación na quinta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Estaba dotado con 750 euros e o trofeo correspondente.

O premio Lourenzo ao mellor actor recaeu en Carlos Rebolo, de Hipócrita Teatro, de Lugo. O premio Ana á mellor actriz foi para Iris Darriba, de Fauna 113. O premio ao mellor actor de reparto foi para Xabi Prieto, de Teatro Carauta, de Santiago. Lucía Cougil, de Coles Teatro, recibiu o premio á mellor actriz de reparto. Para Teatro Carauta, coa obra Moito ruído e poucas noces, foi o premio á mellor posta en escena. E o premio especial do público recibiuno Pan con chocolate, do grupo Ollomao de Barreiros.

O punto final á gala de entrega de premios, celebrada na noite do pasado sábado, púxoo Ítaca Teatro coa representación do monólogo Anacos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...