InicioOccidentalXoveV Gala do Emprendemento Local en Xove

V Gala do Emprendemento Local en Xove

Publicada o

- Advertisement -

Este venres 22 de decembro ás 20:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico vaise celebrar a V Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

A condución desta Gala correrá a cargo dalgunhas das actrices de teatro máis relevantes de Galicia, concretamente das ‘Fillas Bravas do Grupo de Teatro Chévere’, que con total seguridade van facer as delicias de todos os presentes.

O obxectivo da Gala é pór en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local. Neste sentido, a Gala vaise centrar na intervención da gandeira Lucía González e Simón Huerta de Balea Verde.

Explicaran como lles xurdiu a idea empresarial; cales foron as principais motivacións; cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras; cales son os puntos fortes da súa empresa; como foi o proceso de creación empresarial: avaliación da idea, busca de financiación, busca de clientela, tramitacións, axudas,…; atrancos cos que se atoparon; se volverían facelo; e que plans de futuro teñen.

Con seguridade estas experiencias emprendedoras serán exemplos a seguir, serán referentes para aquelas persoas que teñen unha idea empresarial.

Esta gala celébrase tamén para pór en valor o emprendemento (especialmente o das mulleres), o desenvolvemento sostible, o talento, a lingua galega, o sinxelo, o rural, o sólido, o apoio mutuo, o respecto, a creatividade, a confianza, a responsabilidade, o comercio local, o próximo, o compromiso.

Na Gala vaise presentar tamén a Campaña Xove Emprende en Galego, a cal está subvencionada pola Xunta de Galicia.

O Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, organizador desta Gala, está a disposición para ofrecer asesoramento, porque non é suficiente ter unha boa idea, é preciso avaliala e darlle forma chegando á elaboración dun Plan de Empresa viable.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...