InicioOccidentalCervoCervo realiza melloras na rede viaria da parroquia de Sargadelos

Cervo realiza melloras na rede viaria da parroquia de Sargadelos

A alcaldesa, Dolores García Caramés, fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acometeu traballos de mellora de distintas arterias de comunicación da parroquia de Sargadelos. En concreto, actuouse nun tramo de 343 metros lineais cuxa superficie total ascende a 1269,20 m2.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, supervisaron a actuación en compañía do pedáneo de Sargadelos, José Luis Peña para ver in situ a obra que supón unha mellora da rede viaria da parroquia e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas e que supuxo un investimento de 18.131,52 euros.


Caramés explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme destes camiños sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais.


A alcaldesa fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...