InicioOrientalTrabadaO Concello de Trabada realiza un agasallo de Nadal aos usuarios do...

O Concello de Trabada realiza un agasallo de Nadal aos usuarios do Centro de Maiores

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, e os concelleiros Julia María Barcia e Rubén García visitaron o centro de maiores para pasar un rato coas persoas usuarias, desexarlles felices festas e obsequiarlles cun agasallo de Nadal. En concreto, lles regalaron un xel e unha crema de mans que o concello mercou na farmacia de Trabada. Mayra García Bermúdez destaca que “é o quinto Nadal aquí para algúns dos usuarios do centro, no que agora teñen o seu fogar”.


“A xestión deste centro está centrada nas persoas; un modelo de residencia no que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co seu medio, cos seus familiares e amigos”, engadiu a alcaldesa.


Por outra parte, o concello recolle dende hoxe sinaturas dirixidas á Consellería de Sanidade da Xunta para amosarlle o desacordo dos veciños e veciñas “co desmantelamento da Atención Primaria en Trabada”, xa que non se obtivo resposta da carta remitida ao conselleiro demandando “que se cubra a xornada completa a praza do médico de familia xubilado recentemente” e “que se cumpra cos servizos mínimos, que non quede o centro de saúde días completos sen médico”.


“É evidente a diferencia entre a nosa aposta polos servizos públicos, como neste centro de maiores, fronte o que fai a Xunta coa sanidade aquí en Trabada”, sostén García Bermúdez.


“Temos unha poboación moi envellecida e non se pode establecer as mesmas ratios no ámbito rural que no urbano, como facemos no concello, onde por exemplo puxemos en marcha o programa de Madrugadores por só unha familia, para que ese neno estudase no colexio público de Trabada e así contribuir a manter a matrícula”, remata a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...