InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro busca darlle máis impulso ao parque empresarial de...

O Concello de Viveiro busca darlle máis impulso ao parque empresarial de Landrove

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Promoción Económica de Viveiro, Iria Cotelo, xunto á tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, veñen de reunirse coas empresas do Parque Empresarial de Landrove.


Nesta reunión, tratáronse as distintas necesidades e actuacións a desenvolver no parque, entre as que se atopa a mellora da iluminación e da eficiencia enerxética. Dita actuación atópase encadrada na subvención para a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, para a cal se está a elaborar o proxecto necesario para conseguir esta axuda. Así mesmo, estase detallando a instalación da sinalización dos hidrantes xa existentes no parque.


A día de hoxe, Bermúdez indica que “se arranxou a depuradora do parque empresarial e se organizaron os desbroces para manter en condicións axeitadas as instalacións”.
A concelleira da área, Iria Cotelo, ten intención de reunirse con Xestur para coordinarse e traballar conxuntamente, xa que “as empresas do Parque de Landrove forman un motor fundamental na economía do concello, é prioritario atender as súas necesidades e avanzar na promoción e crecemento do parque empresarial”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...