InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo recibe ao club de piragüismo Altruán

O Concello de Ribadeo recibe ao club de piragüismo Altruán

Publicada o

- Advertisement -

No salón de plenos do Concello tivo lugar unha recepción ao Club de Piragüismo Altrúan, de Ribadeo, en recoñecemento aos éxitos acadados neste 2023. Os seus deportistas conseguiron un total de 112 medallas: 60 ouros, 20 pratas e 32 bronces.

O acto foi presidido polo alcalde, Daniel Vega, e polos concelleiros de Igualdade e Deportes, Begoña Sanjurjo e Francisco José Silvent.

Silvent contou que “o Altruán estivo representado polo seu presidente, José Ángel Fernández, xunto a adestradores e familiares de tres das súas piragüistas máis destacadas: Elena González, Manuela Lastra e Elena Justo, que conseguiron 8 metais (7 ouros e 1 bronce) no Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrado en Verducido o pasado mes de novembro. Elena Justo, Elena González e Manuela Lastra non se baixaron do podio en ningunha das probas nas que participaron”.

O edil de Deportes sinalou que “quixemos con este acto felicitar ao Club Altruán pola labor que está a realizar. E felicitamos tamén ás súas piragüistas, que seguen a recoller éxitos aló por onde compiten. Desde o Concello animámolas a seguir nesa liña, a do traballo, a da disciplina e a do esforzo para conseguir chegar ás metas máis altas que se propoñan”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...