InicioEconomíaO Programa de Xeoturismo da Mancomunidade comeza o día 30 de decembro

O Programa de Xeoturismo da Mancomunidade comeza o día 30 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha un programa de Xeoturismo a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que arrincará este sábado, día 30. Deste xeito avanza na execución do PST, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O programa de Xeoturismo inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou hai uns días que “este programa de xeoturismo, que comeza agora e seguirá durante o 2024, está composto de catro piares: un calendario de actividades de xeoturismo como xeorutas e visitas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía 2024, unha serie de accións formativas destinadas a xestores do territorio, informadores e técnicos de turismo, guías e empresas de actividades turísticas e unha proposta de ubicación de elementos de sinalización de temática xeolóxica e de baixo impacto visual”.

López dixo que “inauguraremos este proxecto organizando unha primeira actividade de xeoturismo este sábado, 30 de decembro. Será por Trabada, na parroquia de Vilapena, baixo o nome de Xeoruta de Cerrochán, guiada polo xeólogo Iván Lombardero. Unha ruta que levará aos participantes ata o Alto de Cerrochán, permitirá coñecer e entender tanto aspectos xeolóxicos coma da paisaxe do lugar e desfrutar dunhas impresionantes vistas dende o cumio”.

A xerente do PSTD, Tania Hermida, indicou que “está previsto que o forte do calendario de actividades de xeoturismo, que serán un total de 22, teñan lugar durante os meses de marzo, abril, maio, xuño e setembro. Aínda que xa en xaneiro e febreiro se desenvolverán 4 accións. E as formacións programaranse en tempada baixa, de febreiro a marzo, para facilitar a asistencia dos profesionais interesados”.

Hermida subliñou que “se trata dunha oferta turística que neste caso ten na xeoloxía o motivo principal de atracción, pero que ademais é un turismo que trata de apoiar e mellorar a identidade dun territorio considerando outros aspectos como o medio ambiente, a cultura, os residentes, etc”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...