O cadáver dunha balea de grandes dimensións apareceu varado na mañá deste xoves na costa do municipio lucense de Foz. Foi ao redor das 11,00 horas da mañá cando un particular alertou aos servizos de emerxencias da presenza dunha balea de grandes dimensións preto da Praia da Pampillosa.
Trátase dun exemplar duns 14 metros. Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil e Policía Local, así como numerosos curiosos. Tamén foron alertados os especialistas da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma).