InicioOccidentalXoveDetectada unha gaivota con gripe aviar en Xove

Detectada unha gaivota con gripe aviar en Xove

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de dous exemplares de aves silvestres afectadas por influencia aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete.

Segundo trasladou o departamento autonómico, trátase dunha gaivota patiamarela detectada en Xove e dun mascato localizado en Bueu, ambos os achados mortos. Foron trasladados aos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Vicepresidencia Segunda e Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda situados en O Veral e en Carballedo.

As aves foron muestreadas para proceder á análise laboratorial, eliminándose os cadáveres conforme á normativa en vigor. Estes casos notificados en Galicia xa no ano 2024, corresponden a animais detectados en 2023.

Ademais, a Xunta sinalou que ao tratarse de aves silvestres, a notificación destes focos non implica cambios no status sanitario de Galicia en relación á gripe aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional para o comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados orixinarios de Galicia.

A Consellería lembrou que, actualmente, a valoración de risco de aparición de gripe aviaria a nivel do Estado “continúa sendo favorable”, ao non estarse aínda no período de maior afluencia na chegada de aves migratorias silvestres (posibles portadoras do virus).

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Por iso, en Galicia mantéñense unicamente certas medidas de prevención sanitaria no sete concellos da provincia de Pontevedra que pertencen á zona de Especial Risco: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa.

Con todo, a administración advertiu de que é necesario manter as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas (comerciais e particulares), dada a importancia do sector en Galicia, e especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres. En caso de sospeita dalgún contaxio, as explotacións deben comunicalo aos servizos veterinarios oficiais da Xunta.

O virus circulante non ten capacidade significativa de infección nas persoas, aínda que por un principio de bioseguridade básica, recoméndase non manipular aves encontradas enfermas ou mortas e avisar aos servizos pertinentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...