- Advertisement -
Dúas persoas tamén tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario tras sufrir unha saída de vía co seu coche minutos antes da medianoite cando circulaban á altura do quilómetro 73 da LU-862, no Vicedo.
Ao lugar acudiron, ademais dunha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061, efectivos dos bombeiros de Viveiro, que desconectaron a batería do coche ante o risco de incendio, xa que continuaba coas luces acesas e terminara nunha zona boscosa despois do accidente.