O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o parque de Bombeiros de Barreiros permanecerá pechado até este martes por falta de efectivos previstos nos servizos mínimos.
Segundo trasladou a Deputación de Lugo nun comunicado, do tres efectivos necesarios para cumprir os servizos mínimos neste parque, só se presentaron dous.
Ademais, sinalou que o Consorcio tentou facer mobilidade de traballadores desde outros parques nos que había catro efectivos, pero “acolléronse ao dereito de folga”.
Avisados a través de comunicación certificada os reténs asignados no cuadrante, tampouco se presentaron.
Ante esta situación, o Consorcio decidiu recolocar os dous efectivos no parque de Viveiro, mentres o de Barreiros permanecerá pechado até este martes ás 09,00 horas.