InicioPolíticaMayra García, a alcaldesa de Trabada, formaliza a súa renuncia para concorrer...

Mayra García, a alcaldesa de Trabada, formaliza a súa renuncia para concorrer como número 3 na lista do PSdeG por Lugo

No próximo pleno da Corporación Provincial tomará posesión como deputada provincial socialista a alcaldesa de Burela, Carmela López. Mentres, no Concello de Trabada tomará posesión como novo alcalde, o vindeiro venres, Rubén García Freije (mentres, asumirá o cargo en funcións Julia María Barcia).

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa socialista de Trabada, Mayra García, formalizou este venres a súa renuncia ao bastón de mando municipal e á acta de deputada provincial na Deputación de Lugo, para concorrer como número 3 na candidatura do PSdeG pola provincia para as eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro. Mayra García acompañará así, na lista electoral, ao candidato á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, como número 1; á ata agora alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como número 2; e a José Tomé como número 4, entre outros.

No pleno da Deputación Provincial de Lugo celebrado este venres, Mayra García despediuse subliñando o seu “firme compromiso de seguir defendendo e traballando por e para” a provincia. “Foi unha honra e un privilexio poder formar parte desta Corporación durante estes case 8 anos, e facelo desde o goberno”, proclamou. Tras agradecer a confianza aos tres presidentes da institución provincial cos que traballou (o propio Besteiro, Darío Campos e José Tomé), a compañeiros de Corporación e persoal, Mayra García puxo en valor proxectos e iniciativas levadas a cabo desde a institución, en especial o modelo público de atención aos maiores.

O presidente da Deputación, José Tomé, pola súa banda, manifestou a súa “alegría” pola nova etapa da ata agora rexedora de Trabada, á vez que recoñeceu a tristeza pola marcha dunha diputada “con criterio, que sabe defender as súas ideas”. No próximo pleno da Corporación Provincial tomará posesión como deputada provincial socialista a alcaldesa de Burela, Carmela López. Mentres, no Concello de Trabada tomará posesión como novo alcalde, o vindeiro venres, Rubén García Freije (mentres, asumirá o cargo en funcións Julia María Barcia).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...