-Por que decidistes crear esta ruta do estraperlo?
Nós facemos saídas todos os meses e desde novembro até febreiro escollemos facer rutas perto de aquí, máis que nada porque os días son pequenos, vai mal tempo e por iso escollemos rutas cercanas. Desta volta decidimos ir a Vegadeo facer a Ruta do Estraperlo.
-Cal é a historia detrás desta ruta?
Parece ser que é por onde se facían as rutas de intercambio entre Galicia e Asturias de produtos durante a postguerra, o estraperlo, porque non pasaban controis oficiais pagando impostos.
-Como naceu a idea de “resucitar” esta vía?
Non sei moi ben mais é unha das rutas que ten o Concello de Vegadeo e por iso digo que descoñecemos quen tivo a idea de reabrir ese percorrido.
-Cal é a distancia que se percorre e que elementos son característicos desta Vía do Estraperlo?
Faremos a ruta de Vegadeo até Abres, en total algo máis de oito quilómetros. O bonito é a vista da ría camiñando entre bosques.
-Contades con algún apoio ou sodes unicamente a Asociación Sendeiros quen organizades esta iniciativa?
Non, non, esta é unha das nosas saídas programadas durante o ano.
-Cantas persoas están apuntadas?
Estamos apuntadas 31 persoas. Imos a Vegadeo en autobús, xantamos en Abres e alí nos recolle o autobús para traernos de volta.
-Sobre a asociación Os Sendeiros que nos podes contar?
Pois que ten xa vinte e sete anos. Naceu por iniciativa do que era daquela alcalde de Foz, José María García Rivera. Nunha reunión de amigos naceu a idea de ir camiñar, coñecer lugares e convivir. Co tempo uniuse máis xente, pasaron diferentes directivas e agora son eu o presidente da asociación e seguimos coa mesma dinámica coa que emperazon eles, unha saída por mes, como mínimo, para camiñar e socializar e iso é o que facemos.
-Cales son as outras rutas que tedes pensadas para este ano?
O calendario deste ano continúa o mes que vén de febreiro tamén por Asturias, en Luarca. Nesa ocasión faremos unha irmandade cun grupo de Oviedo co que levamos anos facendo intercambios. Esa ruta preparámola nós e despois comeremos todos xuntos. Logo, a final de ano, eles levarannos á zona de Oviedo facer outra ruta. En marzo faremos unha ruta pola Fonsagrada e alí comeremos o cocido, en abril faremos unha ruta pola Costa da Morte. En maio, aproveitando o Día das Letras Galegas, queriamos ir a Madeira, en xuño iremos a Pena Trevinca, o punto máis alto de Galicia, pasaremos a noite en Puebla de Sanabria e en xullo e agosto faremos rutas polos concellos veciños sobre todo pensando en xente de fóra, tamén de aquí, para que coñezan a zona, que non só é praia pois hai máis para ofrecer. Tamén teremos unha ruta nocturna para agosto. En setembro iremos aos Picos de Europa, unha ruta polos lagos de Covadonga. En outubro temos en principio dúas saídas. A primeira é a Marcha de Montañeros Veteranos organizado por un grupo asturiano e unha saída ao iremos ao nacemento do río Navia. En novembro percorreremos a Costa Ártabra e Ferrol e para decembro remataremos na Pastoriza a Ruta de Maeloc e logo faremos o Belén das Cumes.