InicioOccidentalXoveInvestigan a dúas persoas que extraían percebes en Xove de forma ilegal

Investigan a dúas persoas que extraían percebes en Xove de forma ilegal

Identificados pola Garda Civil.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a dúas persoas que foron identificadas cando extraían de forma ilegal percebes nunha zona de rocas de Xove. Segundo informou este mércores o Instituto Armado nun comunicado, os axentes do Seprona interviñeron un total de 30 quilos de percebes que foron doados a un centro benéfico da Mariña.

Os dous investigados por marisqueo ilegal atopábanse extraendo percebe nunha zona rochosa entre os illotes de Os Netos e o faro de Roncadoira. Cando foron sorprendidos, levaban traxes de neopreno, dous sacos de rede amarrados á cintura, dúas ‘panferras’ (útiles usados polos percebeiros para arrincar o crustáceo da roca) e un cabo. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Garda de Viveiro. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...