InicioCentralBurela"Balance moi satisfactorio" do Concello de Burela sobre a súa presenza en...

“Balance moi satisfactorio” do Concello de Burela sobre a súa presenza en Fitur

“Burela ofrece natureza, uns días de desconexión, turismo familiar e boa gastronomía, aspectos buscados e moi valorados polo sector turístico”, explica a alcaldesa Carmela López.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela fai “un balance moi satisfactorio” da súa presenza en Fitur para promocionar o potencial turístico da vila. A alcaldesa de Burela, Carmela Lopez; a concelleira de Festexos, Patricia Eijo, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, participaron en numerosas actividades e mantiveron reunións cos touroperadores presentes en Fitur. “Burela ofrece natureza, uns días de desconexión, turismo familiar e boa gastronomía, aspectos buscados e moi valorados polo sector turístico”, explica a alcaldesa.


Na xornada de onte, Burela tivo presenza na presentación de ‘Saborea a provincia de Lugo’, da Deputación de Lugo; ‘A Mariña, Turismo de Corazón’, da Mancomunidade de Concellos da Mariña, e ‘Experiencia Turismo España’, no que a Fundación Expomar forma parte dun proxecto da Rede Nacional de Turismo Mariñeiro.


Onte tamén tivo lugar a presentación oficial no stand de Torremolinos da Supercopa Futsal feminina, que terá lugar o vindeiro fin de semana e onde as ‘guerreiras’ do Burela Futsal loitarán para traer a copa de novo a Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...