InicioCentralBurelaO "Peixe de Burela" deixa pegada en Fitur

O “Peixe de Burela” deixa pegada en Fitur

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e Armadores de Burela colaboran estes días en Madrid en numerosos eventos gastronómicos e turísticos, onde o “Peixe de Burela”, especialmente a “Merluza D& Burela”, serán protagonistas en diferentes degustacións que terán lugar en Madrid aproveitando en Ifema o marco da Feira Internacional de Turismo Fitur e Madrid Fusión Alimentos de España.

Dentro da programación da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2024, o stand da Axencia de Turismo de Galicia acolle o domingo 28 ás 13:30h, dentro do programa de catas e degustacións “Galicia Sabe A-Mar” da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, un showcooking-degustación de pescada do pincho de Burela, que realizará a chef Victoria Masseda (Masseda Catering de Origen, Madrid).

Pola súa banda, o stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, tamén en Ifema, pero dentro da programación de Madrid Fusión Alimentos de España, acollerá o luns de 16:00h a 17:00h, dentro do seu programa de catas e degustacións dos produtos do mar “Galicia Sabe A-Mar”, a sesión do chef Diego Domínguez Couto (resturante Nomade de Santiago de Compostela) elaborando as súas propias receitas de “Merluza D& Burela”.

“Peixe de Burela” segue colaborando na promoción da cociña galega e os produtos do mar, poñendo a súa nota de sabor á clausura de Fitur, o domingo, e tamén á apertura dunha nova edición de Madrid Fusion, que se celebra do luns 29 ao mércores 31 de xaneiro converténdose unha vez máis no epicentro da excelencia culinaria mundial.

Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, e inclúese no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...