InicioEconomíaO Programa de Xeoturismo na Mariña desenvolverá tarefas de formación e rutas...

O Programa de Xeoturismo na Mariña desenvolverá tarefas de formación e rutas xeoturísticas

Publicada o

- Advertisement -

Os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro terán lugar as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo que teñan intención en traballar no territorio da Mariña como guías de actividades xeoturísticas. Deste xeito continuará o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro. En febreiro tamén están previstas dúas novas actividades de xeoturismo: unha por Burela o 17 e outra por Foz o 24.

O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade – co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Desde a Mancomunidade a súa presidenta, Rocío López, explica que “as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo serán os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas. Esta formación ten como obxectivo formar a persoas que teñan a intención de traballar no territorio da Mariña como guías de actividades xeoturísticas. Os contidos que se abordarán son de interese para comprender os procesos xeolóxicos e as principais manifestacións xeolóxicas que atopamos na Mariña, para así poder ser quen de interpretar esas manifestacións e dalas a coñecer aos visitantes dun xeito sinxelo, ameno e entretido”.

A formación abordará cuestións como a introdución ao turismo xeolóxico, o perfil deste tipo de turista, o patrimonio xeolóxico da Mariña, a comercialización de produto xeoturístico ou a interpretación da paisaxe xeolóxica, entre outras. Haberá unha parte teórica e outra práctica.

As prazas ofertadas son 20. A formación será impartida na salón de conferencias en Burela. As persoas interesadas en participar teñen ata o 15 de febreiro ás dúas da tarde para poder inscribirse completando o seguinte formulario https://forms.gle/obAyBUo1Q7CUNxZTA e enviando a documentación complementaria que se indica ao final do formulario ao email amarinageoturismo@gmail.com.

O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia; Iván Rodríguez, doutor en Xeoloxía e guía de xeoturismo; Isabel Rodríguez, docente en interpretación do patrimonio; e Cristina Collazo, docente en marketing turístico.

O programa de Xeoturismo da Mancomunidade seguirá tamén con dúas actividades de xeoturismo este mes de febreiro. A primeira será o 17 por Burela, coa Xeoruta da Marosa, e a segunda o día 24 cunha Xeovisita guiada na Frouxeira, en Foz.

Aquelas persoas interesadas en participar tanto na formación coma nas actividades de xeoturismo poden atopar toda a información respecto ao contidos, bases e proceso de inscrición para a formación así como os detalles e plataforma de reservas para as dúas actividades de xeoturismo no seguinte enlace: https://amarinalucense.gal/es/geoturismo

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...