A Tirada de Bolos celebrada no Centro Social do Cruceiro-Xove victoria de Andrés Castro dentro da Liga Masculina. Andrés Castro é xogador foráneo que este ano se incorporou á nosa Liga; posuidor dunha potente tirada, estaba fallando nos desquites, e todos sabemos que os desquites son os que dan os triunfos nas tiradas. Pois ben, Andrés xogou perfecto este sábado, tanto nas tiradas coma nos desquites, superando os trescentos tantos. A victoria permítelle, ademáis, adiantar algunha posdición na táboa, e agora é 9º.
Pola súa parte, Arturo Vigo sigue sumando e por 1 punto non se proclamou campión matemático da Liga, feito que veremos con toda seguridade na vindeira tirada de A Vara.
Mal día para Jordi Meitín, terceiro ata ese momento e quen non foi capaz siquer de puntuar, o que lle permiteu a Fran Pérez adiantalo na clasificación. O mal día de Jordi veulle ben tamén a Daniel Alonso, quen non realizou tampouco unha boa tirada, pero os dous puntos conseguidos permítenlle manter un colchón orredor de 10 puntos sobre os seus perseguidores, e que deberá consolidar senón quere perder esa privilegiada posición na táboa.
Dentro da liga feminina, a victoria foi de Belén Meitín que lle permite recortar diferenzas coa líder; 11 puntos separan a estas dúas xogadoras, e permítenlle a Belén manter a esperanza de poder remontalos. A victoria tamén lle permite aumentar a 13 puntos a diferenza coa súa inmediata perseguidora que non é outra que a veterana Salomé Bermúdez.
Faltan 4 tiradas para rematar esta temporada e inda poden suceder moitas cousas nesta Liga, seguramente a máis aberta dos últimos anos, xa que a líder e favorita indiscutible non foi capaz a estas alturas de pechar a clasificación; nas últimas temporadas Julia López xa era matemáticamente campiona a estas alturas. Julia non está ben físicamente e iso estase notando no seu xogo.